Galiza Nova presenta en Lugo a campaña que levará por todo o país a mensaxe do BNG

A Secretaria Xeral de Galiza Nova, Marta Gómez, citou o papel da mocidade como "fundamental" para o desenvolvemento do país.
Daniel Castro, no encontro Galiza Nova.
photo_camera Daniel Castro, no encontro Galiza Nova.

O cabeza de lista do BNG ao Congreso por Lugo, Daniel Castro, presentou xunto coa secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez, a campaña que levará por toda Galiza a mensaxe do BNG e de Galiza Nova. Unha furgoneta, xunto con unha mesa informativa, perocorrerá as diferentes localidades do país e visitará as principais vilas e cidades.

A viaxe chegou a Lugo cando se celebra na cidade a festa do Arde Lucus. Estiveron presentes as e os concelleiros do goberno de Lugo encabezados polo Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, parlamentarias galegas como Olalla Rodil e futuros representantes na Deputación como a edil de Castroverde Iria Castro. Tamén acudiron ao acto cargos orgánicos do BNG e Galiza Nova.

 

Marta Gómez dixo que "a mocidade xogase o seu futuro nestas eleccións xerais e o BNG é a forza que mellor representa os intereses da mocidade galega" e engadiu que "o BNG ten en conta ás mozas e mozos á hora de formar as súas candidaturas para darlles presenza nas institucións e que tomén as rendas do seu futuro".

A secretaria xeral de Galiza Nova falou do "orgullo que supón que unha persoa nova encabece a candidatura por Lugo e que sexa Dani Castro a persoa que levará a Madrid os problemas das galegas e galegos depois do 23 de xullo "

Pola súa banda Daniel Castro afirmou que "para a mocidade é fundamental unha vivenda digna a un prezo aceitable e un transporte eficaz e propio deste século" e engadiu "serán fundamentais as políticas a desenvolver dende a administración central para que a mocidade poida desenvolver a súa vida sen ter que emigrar por que todos e todas queremos facer a nosa vida no lugar onde nacemos".

Así, o BNG propón un 'Plan Retorna' efectivo para a mocidade emigrante, ao que engade unha folla de ruta para obter unha vivenda "digna" e "a un prezo aceptable", sen esquecer a necesidade de contar con "efectivas e características deste século".

 

Comentarios