Vlogue

É a confluencia o mellor camiño para avanzar cara ao autogoberno nacional?

Nova entrega do director de Sermos na rede galega de vlogues, desta volta sobre unha curiosa converxencia temporal: ao mesmo tempo que a catalá CDC se refunda como independentista, voces nacionalistas galegas piden estreitar lazos coa esquerda estatal.

No seu vlogue, Xosé Mexuto dá por sentado que canto á conciencia nacional Catalunya e Galiza "moran en planetas distintos", mas mesmo así se pergunta se no noso país a mellor forma de avanzar cara ao autogoberno nacional -xa non digamos a independencia- é confluíndo coa esquerda estatal tal e como propuxeron estes días atrás un grupo de militantes do BNG encabezados polo ex portavoz nacional, Xavier Vence.

Nese sentido, pergúntase aínda o director de Sermos que leva conseguido Anova desde que se integrou en plataformas con partidos de ámbito español e a eses efeitos apunta a cuestión da non constitución do grupo parlamentar galego no Congreso.

Comentarios