''Compostela merece unha corporación limpa. Que se vaian'

O BNG concentrouse perante a Casa do Concello da capital da Galiza para exixir demisións após a decisión da Audiencia de xulgar a 7 membros do grupo de goberno. Unha exixencia que tamén fan PSOE, AGE e Candidatura do Povo.

bng compostela

Unha concentración do BNG na Praza de Obradoiro ante a Cada do Concello de Santiago de Compostela exixíu a demisión dos 7 edís do grupo de goberno que van ser xulgados o 19 de maio por prevaricación. É hora de demisións e de que se deixe paso a unha corporación limpa”.

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, considera que “xa non hai tempo para agardar máis” e lembra que “hai 5 expedientes abertos, 5 sumarios abertos e que hai 10 concelleiros do grupo municipal do PP” implicados. “Hai que tomar medias sanitarias, E a primeira é que se vaian”.

Vence instou ao presidente da Xunta e do PP de Galiza a que “interveña dunha vez” e preguntou se o “modelo de goberno corrupto de Compostela” é o que Feijóo ten por modelo do PP. Pola súa banda, o voceiro municipal nacionalista Rubén Cela denunciou a “situación insostíbel” que se está a vivir e pediu a Feijóo que tome medidas sobre eses concelleiros para que a veciñanza de Compostela “non tela que seguir a sentir bochorno e vergoña”.

Tamén desde o PSdeG, e por boca do seu portavoz municipal Francisco Reyes, se pedíu a demisión detes sete concelleiros populares. Consideran que non se pode seguir na situación actual e tamén miran para Feijóo, como presidente do PPdeG, para que adopte medidas.

Candidatura do Povo pide a demisión do goberno local e convida á veciñanza de Compostela a 'escrachar' o 19 de maio (día do xuízo) a estes edís do PP. 

Comentarios