Cerna perde outra votación na asemblea de Anova, que non renuncia ás municipais

O sector dirixente foi apoiado na súa proposta de analizar as opcións electorais en cada localidade e despois decidir, en contra da posición da militancia crítica, que defendía a renuncia aos comicios e aposta por “un grupo parlamentar galego” en Madrid.

anova-cropII
photo_camera Anova

Anova estudará en cada concello a súa posíbel presenza nas municipais de maio de 2015, logo de que a II asemblea da organización rexeitase en votación a proposta do sector crítico Cerna, que defendía a renuncia expresa a presentarse aos comicios para formar parte das Mareas ou movementos semellantes, que tamén contan co apoio da liña oficial, que aínda así prefire estudar cada caso concreto.

Eyré afirma que BNG e IU son "irrelevantes"

Suma así outra derrota Cerna, cuxa postura foi posta en palabras por Luís Eyré, que pronunciou un discurso en que criticou a súa propia organización e tamén a BNG e especialmente Izquierda Unida -socio de Anova en AGE- á que acusou de “sectaria”. Estas dúas últimas organizacións foron cualificadas de “irrelevantes” polo veterano nacionalista, que así mesmo se amosou favorábel a intentar obter “un grupo parlamentar galego no Congreso de Madrid” nas eleccións xerais de dentro dun ano.

Vergoña

En contra da proposta de Cerna falou Alberto Lema, que dixo que “non temos tanta vergoña de Anova como para renunciar ás eleccións” e apoiou que se analice cada caso e se tome a decisión concello a concello.

Comentarios