23-X

Canto lle custarán as eleccións estatais a cada galego?

Analizamos as cantidades que representan os comicios.
Billete de cinco euros firmado por la actual presidenta del BCE, Christine Lagarde.
BCE
(Foto de ARCHIVO)
03/7/2020
photo_camera Billete de cinco euros (Foto: EP).

Este domingo están chamados a participar nas urnas un total de 37,4 millóns de cidadáns do Estado español para elixir a 350 deputados e 208 senadores e senadoras.

O custo do dispositivo electoral do 23 de xullo ascenderá a 220,87 millóns de euros, un orzamento que depende do Ministerio do Interior.

Isto significa que lle custarán a cada habitante da Galiza, con independencia da súa idade, unha cifra moi próxima aos 4,7 euros.

En canto á información que se difundirá ao longo da xornada electoral, o secretario de Estado de Comunicación, Francesc Vallès, e a subsecretaria do Ministerio do Interior, Isabel Goicoechea, indicaron esta mañá que a primeira rolda de prensa do día terá lugar ás 10.30 horas, co obxectivo de informar sobre o inicio da xornada electoral e a constitución de mesas.

Haberá unha segunda comparecencia ás 14.30 horas, co primeiro avance de participación e unha terceira ás 18.30 para actualizar esta mesma información.

O Ministerio do Interior comezará a difundir os primeiros datos de resultados provisionais das eleccións desde as 21.00 horas, ao feche dos colexios electorais en Canarias

Finalmente, sobre as 22.30 horas, comparecerá a ministra de Política Territorial e Portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, e o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, para ofrecer os resultados provisionais.

Os datos definitivos das eleccións publicaranse por parte da Xunta Electoral Central no Boletín Oficial do Estado (BOE), unha vez finalizado o proceso de escrutinio e todos os prazos de recurso.

Comentarios