Os nomes do BNG para "o cambio galego": Consulta aquí as 94 persoas que conforman a candidatura do BNG ás eleccións do 18-F

Pontón destaca a experiencia acumulada como “gran activo” para gobernar e pide a confianza das galegas porque co BNG a Galiza “vaille ir moito mellor”. O Consello Nacional aprobou este sábado as candidaturas do BNG polas catro circunscricións ás eleccións galegas.

bng
photo_camera Noa Presas, Luís Bará, Ana Pontón, Olalla Rodril e Mercedes Queixas (Foto: Nós Diario)

O Consello Nacional do BNG aprobou este sábado as “mellores candidaturas” para canalizar o voto do “cambio útil” nas eleccións do 18-F e abrir un novo tempo na Galiza. Unhas candidaturas que, segundo destacou a portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta da Galiza, Ana Pontón, “gañan impulso con novas incorporacións pero tamén apostan polo inmenso caudal de experiencia” acumulada durante os últimos anos polo grupo parlamentario. “A experiencia na oposición é un gran valor e un gran activo para liderar o próximo goberno de Galiza”, subliñou.

Pontón comprometeu a vontade de todos as candidatas e candidatos a “deixar a pel” e a non “escatimar esforzos”  para dar resposta a esa maioría social que quere cambio e ve no BNG a alternativa real para conseguilo. “Este é o momento do BNG, porque somos a forza do cambio útil para a Galiza, somos a esperanza e a ilusión para todas as persoas que queren abrir un tempo novo, e imos deixarnos a pel para ofrecerlles a vitoria do cambio o 18-F”, proclamou.

O pobo galego, proseguiu, afronta un momento decisivo na súa historia coa oportunidade de “colocar Galiza lugar que lle corresponde” da man dun goberno liderado polo BNG e tras corenta anos nos que o país tivo seis presidentes “todos homes e todos de forzas estatais” que non foron capaces de facelo, sostivo.

“É o momento de apostar por algo diferente, de apostar por unha muller na Presidencia e por unha forza libre de ataduras como o BNG”, afirmou, para solicitarlle aos galegos e as galegas a confianza e poder demostrar que co Bloque “a Galiza vaille ir moito mellor”. 

A Coruña:

1. Ana Pontón Mondelo. Portavoz Nacional do BNG e candidata á Presidencia da Xunta.
2. Mercedes Queixas Zas. Escritora e traballadora do ensino público. Deputada no Parlamento de Galiza na última lexislatura.
3. Rosana Pérez Fernández. Foi Deputada no Congreso e Deputada no Parlamento de Galiza na última lexislatura.
4. Ramón Fernández Alfonzo. Foi Dirixente da CIG-Industria. Deputado no Parlamento de Galiza na última lexislatura.
5. Daniel Pérez López. Avogado. É concelleiro en Carballo. Deputado no Parlamento de Galiza na última lexislatura.
6. Iria Carreira Pazos. Médica residente. Deputada no Parlamento de Galiza na última lexislatura Compostela.
7. Óscar Ínsua Lema. Avogado.
8. Iria Taibo Corsanego. Tradutora e traballadora autónoma.
9. Xosé Manuel Golpe. Técnico especialista en enerxías renovábeis.
10. Saleta Chao Rivas. Educadora familiar.
11. Júlio Conde López. Investigador en educación ambiental na USC.
12. Cristina López Sánchez. Traballadora da Xunta.
13. Joam Luís Ferreiro Caramés. Biólogo mariño.
14. Carolina Castiñeiras Brandón. Portavoz municipal na Laracha vicerresponsábel na comarca de Bergantiños.
15. Primitivo Pedrosa González. Mariñeiro.
16. Alba López Regueiro. Estudante de Filoloxía galego-portuguesa.
17. Ánxel Rial Otero. Responsábel de oficina técnica e coordinador de proxectos nunha industria da madeira.
18. Sandra Permui Meizoso. Educadora infantil.
19. Xesús Seixo Fernández. Ex- Secretario Xeral da CIG.
20. Antonio Vilaverde Rei. Estudante de Enxeñaría. Activista no movemento cultural e social.
21. Carlos Manuel Callón Torres. Escritor e profesor de ensino medio.
22. Agustina Cortés Romero. Técnica superior de administración e finanzas.
23. Elvira Souto Presedo. Profesora de Didáctica da Lingua e Literatura na UDC.
24. Xesús Miguel de Toro Santos. Escritor.
25. Xosé Luís Rivas Cruz “Mini”.

Suplentes:
1. Beatriz Pérez Mosquera. Técnica no Consello da Cultura Galega. Implicada nos movementos sociais.
2. Alberte García Sánchez. Xestor cultural.
3. Cristina Andrade. Empregada pública.
4. Xan Fernández Bello. Empregado público. Implicado no asociacionismo no ámbito cultural.
5. Xan Freire Otero. Traballador do Sergas.

Lugo:

1. Olalla Rodil Fernández. Deputada no Parlamento de Galiza na última lexislatura.
2. Daniel Castro. Deputado no Parlamento de Galiza na última lexislatura.
3. Montserrat Valcárcel Armesto. Doutora en Enxeñaría agrónoma. Profesora na USC.
4. Iago Suárez Fernández. Tradutor e intérprete. Xornalista.
5. Iria Cotelo Cociña. Auxiliar de enfermaría. Concelleira do BNG en Viveiro.
6. Martín Gómez Souto. Portavoz municipal do BNG en Becerreá. Estudante de Lingua e Literatura galegas na USC.
7. Pilar Vázquez Sánchez. Administrativa. Viceresponsábel comarcal do BNG, membro da Comisión Permanente de Galiza Nova e Portavoz do BNG en Xove.
8. Alexandre Varela. Graduada en Historia
9. Beatriz Cedrón Vilar. Traballadora Social.
10. Eloi Cabanas Ramos. Técnico superior en xestión de recursos naturais. Bombeiro forestal. Portavoz do BNG en Mondoñedo.
11. Rosana Prieto Florines. Técnica de Turismo. Responsábel comarcal. Portavoz do BNG en Pantón.
12. Mario Outeiro Iglesias. Enxeñeiro químico. Profesor de Ensino secundario.
13. Alexandra Fernández Cillero. Celadora do Sergas. Concelleira de Igualdade en Burela.
14. Miguel Gómez Fraga. Traballador de Alcoa.

Suplentes
1. Bernardo Valdês Paços. Economista e profesor da USC.
2. Vanesa Gómez Lourido. Xornalista. Portavoz do BNG en Riotorto.
3. Manuel Luaces Fernández. Profesional no ámbito da diversidade funcional. Responsábel local do BNG en Monforte.
4. María Dolores López Caión. Traballadora do Sergas.
5. Xosé Manuel Becerra Pardo. Licenciado en Filoloxía galega. Empregado público.

Pontevedra:

1. Luís Bará Torres. Deputado do BNG no Parlamento galego na última lexislatura.
2. Montse Prado Cores. Deputada do BNG no Parlamento galego na última lexislatura.
3. Alexandra Fernández Gómez. Deputada do BNG no Parlamento galego na última lexislatura.
4. Paulo Ríos Santomé. Deputado do BNG no Parlamento galego na última lexislatura.
5. Carmela González Igrexas. Deputada do BNG no Parlamento galego na última lexislatura.
6. Cristina Fernández Davila. Traballadora do ensino público. Foi deputada do BNG no Parlamento galego na última lexislatura.
7. Brais Ruanova Boasvilas. Enxeñeiro químico.
8. Ariadna Fernández González. Veterinaria e activista cultural. Concelleira do BNG en Lalín.
9. Marta Gómez Martín. Secretaria Xeral de Galiza Nova.
10. Xavier Rodríguez Paz. Profesor de Ensino secundario. Portavoz do BNG en Vilagarcía de Arousa.
11. Rocío Barreiro Rodríguez. Doutora en química. Concelleira do BNG nas Neves.
12. David Miranda Martínez. Produtor de audiovisual.
13. Carme Núñez Méndez. Médica. Portavoz do BNG en Tui.
14. Daniel Rodas Chapela. Traballador da Inspección Pesqueira.
15. Victoria Canoura Leira. Profesora na área de Ciencias Políticas na Universidade de Vigo.
16. Xoán Reices Vilar. Licenciado en Psicoloxía. Empregado público. Portavoz do BNG na Estrada.
17. Jéssica García Cruz. Profesora no Ensino público. Concelleira do BNG en Redondela.
18. David Marcos Ramas. Técnico de operacións en plataformas de xestión de dispositivos móbiles. Responsábel do BNG na Asemblea da Emigración.
19. Elsa Quintas Arborés. Avogada. Integrante da dirección nacional da Mesa pola Normalización Lingüística.
20. Diego Moreira Álvarez. Concelleiro en Soutomaior.
21. Erea Rei Presas. Graduada en Historia. Traballadora sector téxtil. Portavoz do BNG en Silleda.
22. Salustiano Mato. Ex reitor da Universidade de Vigo. Catedrático de Zooloxía.

Suplentes
1. Manuela Portas. Empregada pública no Concello de Pontevedra.
2. Alexandre Fiúza Mosquera. Mestre de Ensino infantil e portavoz do BNG en Vila de Cruces.
3. Mariña Búa. Concelleira do BNG en Moraña.
4. Francisco Leiro Duarte. Enxeñeiro superior de Telecomunicacións. Traballador no sector telefonía. Portavoz do BNG en Sanxenxo.
5. Xosé Manuel Atanes. Enxeñeiro e profesor.

Ourense

1. Noa Presas Bergantiños. Deputada do BNG no Parlamento galego na última lexislatura.
2. Iago Tabarés Pérez-Piñeiro. Deputado do BNG no Parlamento galego na última lexislatura.
3. Sonia Vidal Lamas. Gandeira. Concelleira do BNG en Xunqueira de Ambía.
4. Secundino Fernández Fernández. Foi alcalde do BNG en Viana do Bolo. Enxeñeiro de Montes e Técnico Agrícola.
5. Elena Añel. Profesora de Ensino secundario.
6. Marcos Nogueiras Rodríguez. Enxeñeiro Industrial. Responsábel comarcal do BNG. Concelleiro en Vilar de Santos.
7. Laura Pérez Bernárdez. Estudante. Responsábel comarcal de Galiza Nova.
8. Suso Vilasánchez Feijoo. Enfermeiro. Portavoz do BNG no Barco de Valdeorras.
9. Inmaculada González Gómez. Empregada pública. Concelleira do BNG en Montederramo.
10. Xurxo Rodríguez Méndez. Técnico de calidade en viticultura. Foi alcalde do BNG en Castrelo de Miño.
11. Xaira Pena Estévez. Estudante. Responsábel local de Galiza Nova en Xinzo de Limia.
12. Ramón Seoane Lacayo. Avogado.
13. Antía Pousa Pérez. Activista no movemento feminista.
14. Diego Lourenzo Moura. Graduado en Administración e Dirección de Empresas. Tenente de alcalde de Verín. Fai parte do Consello Nacional.

Suplentes

1. Noelia Currás Rodríguez. Vice-responsábel comarcal do BNG Celanova-Baixa Limia.
2. Marcos Paz Alonso. Profesor de Ensino secundario.
3. Adela Galego Rodríguez. Enfermeira xubilada.
4. Marcos Blanco Durán. Empregado público.
5. Roberto Quiroga López. Traballador da Administración Pública. Membro do Consello Nacional do BNG.

Comentarios