O BNG urxe actuar para mellorar a produtividade das rías galegas

Pontón reclama mellorar a situación das mariscadora.
ana ponton mariscadoras

A portavoz nacional, Ana Pontón, asistiu esta sexta feira en Cambados a un encontro con mulleres mariscadoras para abordar dúas cuestións que afectan a este sector, que emprega na Galiza máis de 4.000 persoas: as súas condicións de traballo e a caída da produtividade nas rías, con especial antecnión onte á de Arousa, que afecta de cheo á actividade.

"É importante ter en conta que o marisqueo está integrado na maior parte mulleres, das que 32% é maior de 50 anos", recalcou Pontón, xa que algunhas das reivindicacións deste colectivo se basean na necesidade de avanzar na profesionalización e na dignificación das condicións sociolaborais das traballadoras do mar.

 Neste sentido, o BNG propón abordar varias cuestións, como a elaboración dun catálogo de enfermidades profesionais das traballadoras do mar que inclúa doenzas vinculadas ao seu traballo pero que non son catalogadas na actualidade como tales. A líder da oposición tamén reclamou medidas de protección ante o descenso da produtividade nas rías galegas.

Así, Pontón propuxo elaborar un plan estratéxico de estudo e recuperación do marisqueo, así como apostar por producir semente propia ou crear un seguro colectivo para cubrir perdas no marisqueo.

Defensa da pesca no Congreso

O BNG rexistrou onte varias iniciativas no Congreso para reclamar ao Ministerio de Pesca que defenda os intereses da frota pesqueira despois de coñecer o novo informe Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM) que recomenda o feche de novas áreas de pesca da zona norte da Península Ibérica e o Golfo de Bizkaia.

O deputado nacionalista no Congreso Néstor Rego reclamou a elaboración dun informe científico técnico, con datos completos e actualizados, así como o impacto socioeconómico que suporía para a Galiza unha nova restrición das áreas para a pesca de fondo.

Comentarios