18-F | Barómetro para Nós Diario

Barómetro completo de EM-Analytics (1 de febreiro): así se reparten os votos e escanos en cada circunscrición

O barómetro para as eleccións galegas do Instituto Demoscópico EM-Analytics que publica 'Nós Diario' rexistra nesta terceira entrega o seu primeiro cambio de escanos desde o 20 de xaneiro. O BNG conseguiría unha acta máis na circunscrición de Ourense á custa de Democracia Ourensá, a formación presidida polo alcalde da cidade das Burgas, Gonzalo Pérez Xácome, que ficaría sen representación no Parlamento da Galiza. A sondaxe deixa o resultado final dos comicios de 18 de febreiro en mans das persoas indecisas, que representan perto do 25% do corpo electoral. Até o día 12, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.
Evolución do tracking diario no barómetro elaborado por EM-Analytics en exclusiva para Nós Diario.
photo_camera Evolución do tracking diario no barómetro elaborado por EM-Analytics en exclusiva para Nós Diario, a 1 de febreiro de 2024.
O Partido Popular (PP) rexistra nas vésperas do comezo da campaña electoral unha intención de voto de 45,5%, tres décimas menos que nos comicios de 2005, cando Manuel Fraga perdeu a maioría…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios