Axenda de campaña

BNG
O portavoz nacional do Bloque, Xavier Vence, participará nun mitín en Vilagarcía de Arousa xunto coa candidata á alcaldía nesta localidade, María Villaronga Chazo. Praza da Peixería, 20:30h. 

PSOE
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Ramón Gómez Besteiro, participará nun mitín no Corgo co candidato á alcaldía. Restaurante Madrid, 21:45h. 

PP
O presidente do Partido Popular de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, participará xunto con Ana Pastor nun mítin en Cambados ás 21:00h e xunto a Alfonso Rueda e Pastor noutro en Pontevedra ás 22.00h, na Finca Batacos. 

MAREAS
En Vigo o candidato da Marea de Vigo, Rubén Pérez, e a europarlamentar de AGE, Lidia Senra, darán unha rolda de imprensa ás 18:00h na entrada da depuradora municipal. 

Na Coruña a Marea Atléntica desenvolverá un acto aberto no Colexio Montel Touzet (Cidade Vella) ás 20h no que participará o candidato á alcaldía, Xulio Ferreiro. 

Compostela aberta. O candidato á alcaldía, Martiño Noriega, participará no debate organizado polo Clube financeiro da cidade no que tamén estarán as candidaturas das demais forzas políticas. Ás 19h na sede do clube. 

Comentarios