Augas da Galiza é a única entidade que non remitiu os informes do PXOM de Vigo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, explicou que os informes territoriais previos á aprobación do PXOM xa foron remitidos ao Concello de Vigo, agás o de Augas da Galiza.
centro_conselleira_medio_ambiente_territorio_vivenda_angeles_vazquez
photo_camera centro_conselleira_medio_ambiente_territorio_vivenda_angeles_vazquez

A Xunta da Galiza remitiu ao Concello de Vigo os 17 informes territoriais previos á aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), catro deles desfavorábeis. 

Dos outros informes, algúns son favorábeis con condicións, e o único dos documentos que falta por enviar é o de Augas da Galiza, xa que se pediu máis información técnica para poder realizalo.

Ángeles Vázquez, conselleira de Territorio e Vivenda, explicou que agora é o Goberno municipal o que ten que facer as reformulacións oportunas.

Deberanse corrixir aspectos como permitir a construción de casas unifamiliares de até catro alturas, feito que cualificou de "incoherente" con esta tipoloxía de edificacións.

A conselleira instou a corrixir o documento canto antes para que o PXOM poda estar finalizado en maio de 2023, cando decae a norma provisional.

"Seguiremos a disposición do Concello", engadiu Vázquez, quen tamén indicou que os técnicos da Xunta están dispoñíbeis para axudar a solucionar esta situación.

Os informes non valoran a conveniencia do novo viario nas parroquias

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, referiuse á situación do novo viario que percorrería varias parroquias rurais de Vigo, destacando que se trataría dunha estrada municipal, que discorre só por territorio vigués, e que a Xunta non pode financiar.

Neste aspecto, Vázquez explicou que os informes non valoran a conveniencia ou non do viario, senón que indican a necesidade de que o Concello busque outra fonte de financiación que non sexa o Executivo galego.

Comentarios