Anova Redondela autodisólvese

Aseguran nun comunicado que a formación liderada por Beiras "carece das mínimas garantías democráticas" e non é "útil" para a "transformación social".

A asemblea comarcal de Anova-Irmandade Nacionalista en Redondela anunciou esta sexta feira através dun comunicado remitido aos medios de comunicación que se "autodisolve" en exercicio da súa "soberanía". 

Afirman que a organización non serve como "ferramenta de transformación social"

A decisión atribúena a que a formación liderada por Xosé Manuel Beiras non constitúe na actualidade "unha ferramenta inútil para a transformación social" ao tempo que "carece das mínimas garantías democráticas de cumprimento do propio corpus de normas e regras autoimpostas,  que garanta a actividade política dentro da organización", sinalan. 

Neste senso, coidan que após dous anos e medio de percorrido "supuxo un esforzo persoal e colectivo virado en demasía á resolución da actividade interna da organización" e non cara ao "traballo político" que, coidan, "esta asemblea querería". Así é que disolven o grupo de traballo, embora non explicaren cal será o paso seguinte. 

No texto remitido, Anova-Redondela apunta ao "Coordinador Nacional Martiño Noriega Sánchez e o Voceiro Nacional Xose Manuel Beiras Torrado" por teren dado "amparo" a esta situación.

Comentarios