Ana Pontón retoma esta cuarta feira a súa axenda após dar positivo na Covid-19

A portavoz nacional recupera a actividade política cunha concentración ante unah gasolineira de Santiago de Compostela.
A voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón. (Foto: Nós Diario)
photo_camera A voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón. (Foto: Nós Diario)

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Ana Pontón, retomará nesta cuarta feira a súa axenda como líder da oposición no Parlamento galego, após dar positivo en Covid-19 hai xusto unha semana.

A portavoz nacionalista volverá cunha comparecencia ante unha gasolineira de Santiago de Compostela, para denunciar a "espiral inflacionista" dos prezos e o impacto nalgúns dos sectores produtivos máis importantes da Galiza.

Pontón tivo que cancelar toda a súa axenda despois de dar positivo nunha proba PCR que realizou antes de viaxar a Chile, onde ía acudir á investidura do novo presidente electo do país, Gabriel Boric.

A voceira comunicou na súa conta de Twitter que suspenderá a súa axenda como portavoz nacional do BNG e líder da oposición "durante os próximos días", debido a que a proba diagnóstica necesaria para poder viaxar internacionalmente resultara positiva.

Comentarios