Ana Pontón e Néstor Rego animan a votar "con ilusión, ganas e convicción"

As declaracións tiveron lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).
Pontón e Rego
photo_camera Pontón e Rego, en Compostela (Foto: Arxina).

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, animou aos galegos e galegas a acudir ás urnas "con ilusión, ganas e convicción".

"É evidente que o voto é o maior poder que ten a cidadanía para escribir o seu futuro", engadiu.

Para ela, estas eleccións son "moi importantes", xa que, na súa opinión, hai moito en xogo: "Cal é o noso peso político, cales van ser os dereitos e liberdades do futuro".

En declaracións aos medios cando acudiu a exercer o seu dereito a voto ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en Santiago, a líder nacionalista insistiu en que estas son unhas eleccións "importantes" nas que Galicia "xógase parte do seu futuro".

"É fundamental que todos participemos e que a nosa voz estea presente nas urnas", reivindicou.

Antes, Pontón acompañou ao seu colexio electoral ao candidato do BNG ao Congreso pola  Coruña, Néstor Rego, que asegurou que este é o momento de que os galegos "falen para decidir que país queren no futuro".

"Nestas eleccións vanse a decidir cousas moi importantes que nos van a afectar como persoas e tamén como pobo, por tanto, todo o mundo debe participar e debe facelo con confianza en que aquilo que decidan vai ser o mellor para este país", manifestou.

Comentarios