Ana Pontón advirte Villar Mir: “Non pode facer de xefe colonial de Galiza”

A portavoz do BNG participa en Cee na concentración de apoio aos traballadores de Ferroatlántica, onde cualifica de “chantaxe” que o grupo vincule a venda das centrais a un plan industrial.

Concentración de Ferroatlántica en Cee
photo_camera Unha concentración de apoio traballadores de Ferroatlántica en Cee

“Desde o BNG imos defender o emprego na Costa da Morte e dicirlle ao señor Villar Mir que non pode facer de xefe colonial de Galiza”. A portavoz do BNG, Ana Pontón, cargou en Cee, onde asistíu a unha concentración en apoio a Ferroatlántica, contra a intención do grupo de vender as centrais. Tamén foi moi crítica co “silencio cómplice” do presidente da Xunta ao que pediu “que non rompa a unidade social e política sobre este asunto”.

A esta operación de especulación, “súmase agora unha operación de chantaxe”, advirte Pontón, por parte de Juán Villar Mir, ao vincular o desenvolvemento dun suposto plan industrial e construción dunha fábrica de biomasa a venda das minicentrais. “Non imos permitir que se xogue co futuro económico desta comarca e para iso non se poden nin segregar, nin vender as minicentrais do Xallas”, concluíu.


 

Máis en POLÍTICA
Comentarios