O BNG parabeniza o nacemento da Iniciativa popular pola soberanía

“É a mostra de que a sociedade está viva e non se conforma co mundo, coa Galiza que se nos está a deixar” sinalan desde a fronte nacionalista

Bandeira galega
photo_camera Bandeira galega

O BNG cualifica de “ilusionante e esperanzadora” a Iniciativa pola Soberanía e saúda moi positivamente “esta aposta cidadán que parte de diversos ámbitos como o cultural, o mundo do deporte, sindical, do asociacionismo, do activismo e da loita contra as inxustizas como a estafa das preferentes ou os desafiuzamentos”.

Para o BNG, a Iniciativa pola Soberanía é “a mostra de que a sociedade está viva e non se conforma co mundo, coa Galiza que se nos está a deixar, especialmente nun contexto como o actual de grave crise económica que está a demostrar que a perda de soberanía e a perda da capacidade de decidir por parte dos pobos, leva a un recrudecemento da crise económica e a un agravamento da probeza”.

Comentarios