ERC pensa que Catalunya sofre unha intervención do Estado

A voceira de Esquerra, Anna Simó, denunciou unha intervención do Estado despois de coñecer o Plan de axuste do Consello de Política Fiscal e Financeira.
Anna Simó
photo_camera Anna Simó

Anna Simó, voceira parlamentaria de ERC, explicou que o compromiso financeiro até 2014 é, en realidade, "unha intervención ‘suave’ do Estado que pasa por riba do papel do Parlament en cuestións tan fundamentais como os orzamentos da Generalitat dos vindeiros exercicios, mais unha intervención en definitiva". Simó calificou de "aceno" e de "fume" o feito que neste plan figuren os 211 millóns de euros que o Estado pasou a Catalunya en concepto de pagamento da disposición adicional terceira do Estatut. O secretario de Estado de Facenda deixou claro que estes cartos non chegarán, mais permitiu que a Generalitat contara con eles "virtualmente". A voceira parlamentaria independentista pediu tamén explicacións na comparecencia do presidente da Generalitat para que explique a marxe que lle queda ao Parlament para poder exercer o seu traballo lexislativo diante das obrigas deste plan.

A voceira de ERC calificou tamén de "estratexia errónea que o Govern venda aquelo que aporta ingresos e que funciona, socializando entre uns cantos os beneficios, quedándose as perdas", referíndose a venda de Tabasa e Aigües Ter-Llobregat, "porque deste xeito os beneficios van a uns cantos accionistas e non haberá reinversión nin retorno social en forma de inversión destes beneficios nun intre de grandes recortes nos orzamentos das inversións".

Máis en Països Catalans
Comentarios