A CUP ten a súa propia declaración de soberanía

A CUP presentará este martes no Parlament a súa propia Declaración de Soberanía, coa desobediencia civil como ingrediente básico.

A CUP-Alternativa de Esquerras formula con clareza a desobediencia civil como vía para exercer a soberanía, ante os previsíbeis atrancos que irá pór o Estado español ao exercicio do dereito de autodeterminación do pobo catalán (cumpre lembrar que esta mesma semana, a vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría ameazaba con levar o asunto ao Tribunal Constitucional).

Se o pobo catalán se constitúe en suxeito político pleno, debe poder exercer os seus dereitos políticos sen ningún tipo de condicionante externo, entende a CUP, para a cal non pode ser conditio sine qua non a pertenza dun eventual Estado catalán á Unión Europea.

Para a formación soberanista e de esquerdas, o proceso xa iniciado "no Principat" debe estenderse tendencialmente e pola vía do diálogo político ao conxunto dos Països Catalans.

Máis en Països Catalans
Comentarios