Os Franco 'entregan' o Pazo de Meirás ao Estado até que se resolva o seu recurso

O ministro de Xustiza anunciara a semana pasada que pediría a execución provisional da sentenza e a inicios de outubro o Parlamento galego xa demandara que se dese ese paso.

 

Pazo de Meirás (Foto: Nós Diario).
photo_camera pazo de meirás web

A familia Franco acepta entregar o pazo de Meirás de forma provisional ao Estado aé que se resolva o seu recurso contra a sentenza que lles obriga a devolvelo ao patrimonio público e que declarou nula a compra en 1941.

Así o adiantou La Opinión da Coruña, que indica que os herdeiros do ditador enviaron un escrito ao Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, que fallou a favor do Estado sobre a propiedade do inmóbel, para avanzar que a familia "non ten intención de opoñerse" á solicitude da execución provisional do fallo e "mostra a súa disposición a, co referido carácter 'provisional' e a expensas de como se resolva o seu recurso, cumprir voluntariamente a obrigación de entrega ao seu cargo declarada na sentenza de referencia".

A principios de outubro o Parlamento galego posicionouse de forma unánime a prol de reclamar ao Estado español a execución provisional da sentenza

O ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, anunciaba a semana pasada que o Goberno estatal solicitaría a execución provisional da sentenza que devolve ao Estado a propiedade do Pazo de Meirás para saldar unha "débeda histórica".

A sentenza ditada o pasado 2 de setembro pola maxistrada Marta Canles declarou a nulidade da doazón efectuada en 1938 da "leira denominada Torres ou Pazo de Meirás ao  autoproclamado xefe do Estado, Francisco Franco Bahamonde, por carecer do requisito esencial de forma".

Ademais, a titular do xulgado de primeira instancia número uno da Coruña condenou a familia Franco á súa devolución sen ser indemnizada polos gastos nos que afirma incorrer para o mantemento da propiedade.

A principios de outubro o Parlamento galego posicionouse de forma unánime a prol de reclamar ao Estado español a execución provisional da sentenza que o pasado mes de setembro concluíu que a propiedade do pazo de Meirás (Sada), que foi durante anos a residencia de verán do ditador, é pública, o que obriga a familia Franco, en cuxas mans segue a estar este conxunto patrimonial, a restituíla sen obter ningunha retribución.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios