Caramelos mata lombrigas

Screen Shot 2018-05-04 at 11.08.09

José Ruiz Guirado, no libro Intrahistoria de Marín, conta como o farmacéutico Pedro Catalá tivo un dependente ao que tomou cariño e que lle gustaría que fixese a carreira de farmacia. Matriculouno no instituto mais o rapaz, preguiceiro como era, non daba unha. E don Pedro, lamentándose de tanta torpeza, chegou á conclusión de que aquel raparigo, que parecía listo, non servía nin serviría para nada.

O rapaz era Xulio Camba que traballou de aprendiz con este farmacéutico de Marín antes de, con 16 anos, marchar para a Arxentina.

Marín presentaba un elevado dinamismo socio-político e unhas peculiaridades propias, ademais de gozar coa vantaxe de situarse na colindancia con Pontevedra. A finais do século XIX dispuña de ao redor de nove mil habitantes espallados entre as aldeas que compoñen o municipio e a zona urbana, cuxo elemento dinamizador era o seu porto (nun día normal chegaban a puxar na lonxa máis de 900 cestas de xurelo). Contaba con dous periódicos, La Voz del Morrazo e El Eco de Marín, ambos republicanos e grazas aos caramelos de P. Catalá esta vila mariñeira, era coñecida en todo o reino, pois todos os periódicos publicaban anuncios dos caramelos “milagrosos” que aniquilaban os funestos bichos, segundo anunciaba un frade franciscano

Screen Shot 2018-05-04 at 11.10.14

Desde maio de 1901, e até decembro, Diario de Pontevedra recolle anuncios deste produto.

Até 1908 non topamos de novo anuncios na imprensa. É en El Norte de Galicia. A diferenza con aqueles primeiros é que este periódico dá en forma de noticia o que antes era anuncio. Igual que fai en 1911 Diario de Pontevedra: “Parece ser que entre los empleados del Banco de España se notaba ayer algo anormal. Procuramos informarnos y se trataba de dar a sus hijos los caramelos mata lombrices P. Catalá”

A prensa do momento consideraba Pedro Catalá “o inimigo número un das lombrigas”.

Entre as moitas especialidades que preparaba figuraban os famosos caramelos mata lombrigas P. Catalá, anunciados en toda España nunhas pequenas placas de ferro esmaltado en que figuraba un frade franciscano que presentaba entre os dedos dunha man unha caixa de caramelos. As caixas de 5 doses custaban 25 céntimos. Sobre a súa composición dise que todo o segredo radica en ser un “antihelsunítico” (en vez de “antihelmíntico”) asociado a un purgante suave.

Suave si, mais nunha ocasión, uns carpinteiros que traballaban na botica comeron todos os recortes dos caramelos e vaia se obrou o laxante!!!

Screen Shot 2018-05-04 at 11.10.18Claro que os anuncios dos caramelos non eran os únicos de medicamentos que figuraban nos periódicos. Os caramelos eran destinados basicamente a nenos e, habitualmente ao lado destes, aparecían outros presentados como a solución para as mozas conseguiren “regularidade nos períodos e ausencia de dor”. Era a Hemoglobina Asimilable Stengre cun percorrido comercial máis longo do que os caramelos.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios