Palabras con memoria: agro-mando

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
A Galiza ten un marcado carácter agrogandeiro. (Foto: Ángel Utrera)
photo_camera A Galiza ten un marcado carácter agrogandeiro. (Foto: Ángel Utrera)

acho.- Anaco pequeno resultante de partir madeira, acha.

Exemplo.- “Partiu uns achos para queimar na cociña e facer a cea.”

Lugar de escoita.- O Morrazo.

Fonte.- Emma Pazos Abalde.

Outros apuntamentos.- Grupo Maré do Morrazo, formado por Salvador Castro Otero, Lucía Durán Paredes, Xosé Manuel González Barreiro, Henrique Harguindey Banet, Xosé Martínez García, Ramón Rocamonde Gómez e María Emma Tilves Pazos.

 ghabiete ou ghablete.- Tipo de roldana.

Lugar de escoita.- Muxía.

Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

invarse.- Facer quendas ou remudas para ir xantar á casa os mozos que coidaban a facenda no monte.

Lugar de escoita.- Navia de Suarna.

Fonte.- Ovidio Fernández Sánchez/Endl Navia de Suarna.

rangareta/rangaretar.- Apeiro de labranza similar a un legón (aquí: loghón) para remover de forma superficial a terra e que ten a pa recortada en forma de tres dentes redondeados. O verbo correspondente para esa acción é rangaretar.

Lugar de escoita.- Santa María de Taboexa (As Neves).

Fonte.- María Isabel Fernández Vidal.

rapaña.- Angazo.

Lugar de escoita.- Cervantes.

Fonte.- Suzana de Páramo.

Comentarios