Palabras con memoria: excrecencias

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

Facer xixa é sinónimo de ouriñar nalgúns lugares como a comarca da Mariña. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Facer xixa é sinónimo de ouriñar nalgúns lugares como a comarca da Mariña. (Foto: Nós Diario)

facer xixa.- Ouriñar, mexar.
Lugar de escoita.- A Mariña luguesa.
Fonte.- Isidro Novo.

morodia.- Excremento grande de can, porco ou de persoa.
Exemplo.- “Deixou a morodia no medio do camiño.”
Lugar de escoita.- Porqueira (Ourense).
Fonte.- Antón Méndez Gándara.

porreta.- Peido pouco sonoro.
Lugar de escoita.- A Pobra do Brollón e comarca.
Fonte.- Orcelina Parada Cortiñas.

puseiro.- Montón de excrementos.
Lugar de escoita.- San Martiño (Vilaboa do Morrazo).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

xete.- Merda.
Exemplos.- Frases feitas: “Xete perete” (“Merda pa ti”), ou, falando dalguén “Estiveches onte con esa pila de xete?”
Lugar de escoita.- Corme.
Fonte.- Vocabulario cormelán.
Outros apuntamentos.- Asociación Veciñal de Corme.

Comentarios