Palabras con memoria: variedades

Nova edición de 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

No Courel dinlle 'esnabarcar' a abrir demasiado un buraco. (Foto: Hoda Bogdan)
photo_camera No Courel dinlle 'esnabarcar' a abrir demasiado un buraco. (Foto: Hoda Bogdan)

atremiñada/o.- Preparado/a. Empregado case sempre en sentido negativo: “Mal atremiñado/a”.
Exemplo.- “O feixe estaba tan mal atremiñado que se lle desfixo antes de chegar á casa.”
Lugar de escoita.- Santa María de Taboexa (As Neves).
Fonte.- María Isabel Fernández Vidal.

esmequellar.- Tentar de quitarlle a unha persoa os mequellos que leva postos.
Lugar de escoita.- A Pobra do Brollón e comarca.
Fonte.- Orcelina Parada Cortiñas.

esnabarcar.- Abrir ou dilatar demasiado un buraco.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

estroncar.- Estrañar.
Lugar de escoita.- Lugo.
Fonte.- Henrique Harguindey Banet.
Outros apuntamentos.- Empregábase cun ton humorístico-festivo.

facer.- (Ademais de significados obvios) Fornecerse, abastecerse.
Exemplo.- “Teño que facer gasolina, que está o depósito baleiro”. “Os barcos de altura, antes de saír ao mar tamén fan víveres, fan auga, fan xeo e fan gasoil, elementos necesarios para toda a marea.”
Lugar de escoita.- Burela.
Fonte.- Mario Ferreira López.

Comentarios