Palabras con memoria: lingua danzante

Nova edición de 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

Andar de xirité significa non ter paraxe. (Foto: Pixel Shot)
photo_camera Andar de xirité significa non ter paraxe na zona de Ortegal. (Foto: Pixel Shot)

escoitadeira.- Parte baixa da monteira que cae sobre a orella do lado do roncón da gaita.
Lugar de escoita.- Lavadores (Vigo).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

loro (2).- (Ademais doutros significados xa coñecidos) Canción típica da serra.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

rabeleón.- Guía na antiga danza de Reis de Carballeda.
Exemplo.- “Ai, teu pai era o rabeleón da danza!”
Lugar de escoita.- Carballeda (Covelo).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.
Outros apuntamentos.- Apunta a fonte que en Baiona o "rabelo" sería un dos bailadores da danza de espada.

vincheiro.- Enmascarado do entroido que batía na xente cun pau do que colgaba unha vincha (vexiga) de porco.
Lugar de escoita.- Soutelo (Forcarei).
Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

xirité, andar de.- Non ter paraxe.
Lugar de escoita.- Zona de Ortegal (A Coruña).
Fonte.- Antonio Yañez Casal.

Comentarios