Comezou a XXXI Feira do libro en Compostela

Nesta edición a Feira de Compostela conta con 14 casetas. A Alameda acolle o encontro cos libros e as súas autoras até o 6 de maio.
Visitantes na Feira do libro de Compostela
photo_camera Visitantes na Feira do libro de Compostela

A Feira do libro de Compostela chega a súa XXXI edición cun menor número de participantes e o interrogante do seu futuro pola redución de inversións nesta industria que fan as institucións públicas, entre elas a Xunta de Galiza. Este ano os encontros entre librarías e público comezaron en Ferrol e continúan a itinerancia agora en Compostela até o 6 de maio, en Lugo do 15 ao 20 de maio, en Ourense do 1 ao 6 de xuño, en Vigo do 29 ao 8 de xullo, na Coruña do 1 ao 10 de agosto e en Viveiro do 13 ao 16 de agosto.

Entre os atractivos da Feira está a presenza de escritores e escritoras en contacto directo co público.


Participación
Nesta edición a Feira de Compostela conta con 14 casetas en que participan a Biblioteca Pública Ánxel Casal; o Consorcio Editorial Galego; Editores de Compostela; Gran Enciclopedia Galega. Tamén as librarías Ler, de A Pobra do Caramiñal; Aenea da Compostela; Brañas, de Carballo; Brea de Betanzos; Cartabón e Libros para Soñar ambas as dúas de Vigo; Pedreira de Santiago e Urco Editora.

Entre os atractivos da Feira está a presenza de escritores e escritoras en contacto directo co público. Dentro da programación deste ano visitarán a Alameda na segunda feira, ás 18:30 horas, Xosé Neira Vilas e Uxía Blanco e ás 20 horas falarán Marcos Pérez Pena e Antón Lado; na terza feira 1 de maio presentarán a súas obras ás 19 horas Fran Zabaleta e Juan Sacha Full e ás 20 horas estarán Marcos Calveiro, Pere Tobaruela e Fran Zabaleta; na cuarta feira ás 19 horas asinarán libros Martiño Noriega e Manuel M. Barreiro e ás 20 horas Mario Regueira e Manuel Bragado; na quinta feira presentan libro Daniel Salgado e Pedro Feijóo; na sexta feira asinarán libros ás 19 horas Xurxo Ayán e Manuel Gago e ás 20 horas estará José Luís Iglesias; o sábado 5 de maio pasarán pola feira ás 19 horas Anxo Angueira e Xabier Cordal; o último día, domingo 6 de maio, estarán na feira ás 18 horas Paula Carballeira e ás 19 horas Cristina Prieto e Irene Castelos Cortizas.

Máis en Letras e Ideas
Comentarios