Xi e Biden reúnense por primeira vez nun ano para reactivar as relacións nun encontro paralelo ao foro da APEC

Os EUA buscan recuperar os contactos militares bilaterais.
Xi Jinping e Joe Biden no seu encontro en novembro de 2022. (Foto: Li Xueren / Europa Press / Contacto)
photo_camera Xi Jinping e Joe Biden no seu encontro en novembro de 2022. (Foto: Li Xueren / Europa Press / Contacto)

Máis dun ano despois da súa última xuntanza, o presidente chinés, Xi Jinping, reúnese hoxe co seu homólogo estadounidense, Joe Biden, no marco dun encontro paralelo ao foro de Cooperación Económica Asia-Pacífico (APEC nas súas siglas en inglés) nos Estados Unidos.

No medio das restricións de Washington á tecnoloxía chinesa, que para Beijing é un intento de frear o seu ascenso, os choques por Taiwán, cada vez máis armado polos Estados Unidos, e das diverxencias sobre a agresión israelí contra Palestina, Biden recalcou que as conversas terán éxito se no futuro ambos os dous dirixentes son capaces de “falar entre si nunha crise”, amais de desconxelar os contactos bilaterais entre os seus Exércitos.

O xornal South China Morning Post destacou que se puido chegar a un acordo sobre o aumento de voos directos, a investigación sanitaria ou a crise do fentanilo en Washington, que informou de que pactaron intensificar os esforzos para triplicar a produción de enerxía renovábel no mundo até 2030.

Comentarios