VÍDEO | "Deulle un ictus?" O candidato da extrema dereita na Arxentina, Javier Milei, colapsa mentalmente en directo

A entrevista comezou de maneira normal e nada parecía estraño. Foi aos poucos minutos que Milei comezou a facer xestos raros coa cara e, pouco despois, comezou a articular frases inconexas e sen sentido.
Javier Milei durante a entrevista (Foto: Nós Diario).
photo_camera Javier Milei durante a entrevista (Foto: Nós Diario).

Situación esperpéntica a que se viviu na cadea arxentina de televisión A24. O candidato de Liberdade Avanza, partido ultraliberal encabezado por Javier Milei, candidato á Presidencia arxentina, estaba a ser entrevistado por Esteban Trebucq nun programa no que era colaborador habitual.

A entrevista comezou de maneira normal e nada parecía estraño. Foi aos poucos minutos que Milei comezou a facer xestos raros coa cara e, pouco despois, comezou a articular frases inconexas e sen sentido.

Persoas usuarias da rede social X (antiga Twitter) comezaron a comentar a estraña entrevista e todo tipo de hipóteses foron abertas. Desde que estaba sufrir un “ictus” a que a presión da carreira presidencial o superou, as diferentes hipóteses continúan a circular nas redes.

As eleccións

Na xornada electoral do pasado domingo, sóubose que Os candidatos Sergio Massa (Unión pola Patria) así como Javier Milei disputarían a segunda volta presidencial de Arxentina o próximo 19 de novembro, de acordo cos resultados oficiais.

Con máis de 98% dos votos escrutados, Massa gañou a xornada electoral ao obter 36,6%, en tanto que Milei sumou 30%. Desta forma, quedou fóra da contenda Patricia Bullrich, a candidata da alianza conservadora Xuntos polo Cambio que aspiraba a obter os votos suficientes para avanzar á segunda volta e que só obtivo 23,8%.

Non obstante, Milei ofreceulle a Bullrich o Ministerio de Seguranza ante unha eventual vitoria do ultraliberal. Ante isto, Bullrich aceptou e asegurou que dará o seu apoio a Milei na segunda volta das presidenciais.

Comentarios