Investigan Juan Carlos e Sofía por tarxetas opacas

As tarxetas opacas unen un rei, un tenente coronel e un magnate

Vanse coñecendo máis detalles sobre o novo escándalo que rodea Juan Carlos I e varios membros da súa familia polo uso de tarxetas opacas vinculadas a fondos de contas que non estarían aos seus nomes. Un magnate mexicano e un tenente coronel amigo do rei emérito serían pezas dun armazón que investiga a Fiscalía do Supremo. 
Graffiti de Juan Carlos I a punto de caer, nunha céntrica rúa de Valencia. Rober Solsona  Europa Press
photo_camera Graffiti de Juan Carlos I a punto de caer, nunha céntrica rúa de Valencia. (Foto: Rober Solsona / Europa Press)

Continúan os sobresaltos en Palacio, agora con nomes de posíbeis testaferros, logo de antonte transcender que a Fiscalía Anticorrupción levaba tempo investigando os gastos de tarxetas de crédito opacas que terían empregado o ex monarca Juan Carlos I de Borbón e algúns familiares seus, como a raíña emérita Sofía de Grecia e algúns dos seus netos, sen estaren os cartóns ligados a contas bancarias vinculadas aos seus nomes. 

O escándalo aumenta e os datos van aflorando: onte apuntouse o axudante de campo do rei emérito, o tenente coronel do Exército do Aire Nicolás Murga Mendoza, como o seu o testaferro. Tamén transcendeu que os cartos procedían do millonario mexicano Allen de Jesús Sanginés-Krause.

Os traballos de investigación terían iniciado no ano 2019, a partir dunha alerta do Servizo Executivo da Comisión de Prevención do Branqueo de Capitais e Infraccións Monetarias (Sepblac), dependente do Ministerio de Economía, ao redor de movementos dunha conta a nome do militar Murga Mendoza. Ademais, segundo transcendeu, tamén se tería tomado declaración ao empresario Sanginés-Krause. 

Sería este quen tería introducido grandes cantidades de diñeiro na conta de Murga Mendoza, quen á súa vez pagaría con ese cartos gastos persoas do rei.

Por iso é que se investiga se houbo branqueo de capitais a través da utilización de contas bancarias que estarían a nome deses dous investigados. 

Este escándalo sobre un suposto branqueo de cartos cobra maior relevancia se cabe que as outras investigacións que rodean o rei emérito ao supostamente térense realizado durante os anos 2016, 2017 e 2018, é dicir, logo de Juan Carlos I abdicar en favor do seu fillo Felipe VI. Así as cousas, o emérito ficaría sen a inviolabilidade coa que a Constitución española blinda o monarca durante o exercicio do seu reinado e sobre os actos que comente mentres senta no trono. 

O xuíz cita Correa e 25 persoas máis pola peza principal da Gürtel

O xuíz da Audiencia Nacional José de la Mata acordou a apertura de xuízo oral na última peza, e a principal, do caso Gürtel contra un total de 26 persoas físicas, entre elas o líder da trama, Francisco Correa, e a súa man dereita, o ex parlamentario e antigo secretario de organización do PP galego, Pablo Crespo, aos que impón o pago dunhas fianzas en concepto de multas de até 33,6 millóns de euros.

O maxistrado envía a xuízo tamén 20 persoas xurídicas como responsábeis civís subsidiarias por esta peza relativa aos presuntos delitos fiscais polos que a Fiscalía Anticorrupción pide 77 anos de prisión para os líderes da Gürtel. Trátase da última peza desta macrocausa de corrupción que quedaba en instrución, a excepción dunha parte dos coñecidos como 'papeis de Bárcenas', reaberta en marzo de 2017 e que se segue a investigar. 

Comentarios