Anticorrupción investiga Xoán Carlos I, Sofía e varios familiares polo uso de tarxetas opacas

Investíganse gastos e movementos entre 2016 e 2018, cando Xoán Carlos I xa non era inviolábel.

O rei emérito Xoán Carlos I de Borbón atópase desde o 3 de agosto nos Emiratos Árabes Unidos (Imaxe: Europa Press)
photo_camera O rei emérito Xoán Carlos I de Borbón atópase desde o 3 de agosto nos Emiratos Árabes Unidos (Imaxe: Europa Press)

Continúan os escándalos ligados á familia real española. Após a fuxida de Xoán Carlos I a Abu Dhabi tras varios escándalos de corrupción, a fiscalía anticorrupción investiga agora os gastos de varias tarxetas de crédito empregadas polo rei emérito español e outros membros da familia real, como Sofía. En calquera caso, Felipe VI, Letizia Ortiz e as súas fillas non están entre os beneficiarios das tarxetas. Segundo Eldiario.es, que dá a exclusiva, as tarxetas operaban nunha conta bancaria que non estaba a nome de ningún dos familiares do rei emérito.

As transferencias bancarias e os gastos de tarxeta corresponden aos anos 2016, 2017 e 2018. É dicir, son posteriores á abdicación de Xoán Carlos I (2014) e, polo tanto, poderían ser investigados por calquera delito derivado deles. Neste sentido, a fiscalía investiga a orixe dos fondos, xa que o diñeiro da conta bancaria procede de fóra do Estado español.

A fiscalía conseguiu identificar a dúas persoas presuntamente implicadas con estes fondos opacos: un cidadán mexicano e un comando da Garda Civil

Segundo Eldiario.es, a xustiza española enviou cartas rogatorias a varios países para rastrexar a orixe do diñeiro, xa que a fiscalía ten probas de delito fiscal, como consecuencia de incrementos de ingresos non declarados de máis de 120.000 euros nun só ano.

O xornal tamén detalla que a fiscalía conseguiu identificar dúas persoas presuntamente implicadas con estes fondos opacos: un cidadán mexicano e un comandante da Garda Civil.

Entre os gastos cargados na tarxeta Sofía e varias viaxes a Londres, onde desde hai anos ten a súa residencia habitual.

Comentarios