Os orzamentos do Estado ao rescate: aumento de 6,5% na partida para a casa real

Será de máis de 8.400.000 euros.

 

Filipe VI monarquía Borbón (Casa Real)
photo_camera Felipe VI (Foto: Casa Real)

O orzamento da casa real española para 2021 será de 8.431.150 millóns de euros, o que supón un incremento dun 6,5% (544.000 euros) respecto ás contas vixentes desde 2018.

É a maior suba orzamentaria nunha década. Nos exercicios 2017 e 2018 ese incremento foi do 0,56 e do 0,87% respectivamente.

Felipe VI distribúe libremente eses millóns da partida para os distintos gastos, entre eles, as retribucións da Familia Real.

Eses 8,4 millóns de euros sirven á Zarzuela para atender as súas obrigacións económicas: desde salarios do persoal até gastos de funcionamento, gastos de protocolo e de representación, etc..

O que non se inclúe na partida, pois vai noutra correspondente a Interior, é o gasto de seguridade e protección relacionado coa familia real.

Ademais, hai que lembrar que en marzo Felipe VI retirou a asignación ao rei emérito, perto de 200.000 euros, após diversos escándalos relacionados con Xoán Carlos I.

O anuncio do rei emérito de abandonar o Estado español pon o foco na presión xudicial e nas adversidades que a Casa Real observa non só arredor das pescudas que leva a cabo o Tribunal Supremo sobre as finanzas de Xoán Carlos I, senón tamén ao redor do futuro da monarquía como institución

Comentarios