Rusia confirma a morte de Yevgeny Prigozhin, líder do grupo Wagner

O avión, que voaba desde Moscova a San Petersburgo e no que se encontraba Prigozhin, estrelouse nas inmediacións da localidade de Kuzhenkino.
Yevgueni Prigozhin, xefe do grupo Wagner.
photo_camera Yevgueni Prigozhin, xefe do grupo Wagner.

O fundador do Grupo Wagner, Yevgeni Prigozhin, viaxaba a bordo dun avión privado que se estrelou esta cuarta feira na rexión rusa de Tver, ao norte de Moscova, segundo confirmou a axencia federal de aviación de Rusia, despois de que as autoridades desen por mortos os sete pasaxeiros e os tres tripulantes.

O avión, que voaba desde Moscova a San Petersburgo, estrelouse nas inmediacións da localidade de Kuzhenkino. O Ministerio de Emerxencias asegurou desde un primeiro momento que dez persoas faleceran, pero o suceso alcanzou unha derivada política cando a axencia que coordina o transporte aéreo, Rosaviatsiya, identificou a Prigozhin como posíbel pasaxeiro.

Horas despois, a institución divulgou a lista final das persoas que estaban a bordo, co nome de Yevegni Prigozhin nela. A listaxe divulgada en redes sociais inclúe tamén Dimitri Utkin.

A axencia Rosaviatsiya abriu unha investigación, o que pasará entre outras cousas por examinar os rexistros de voo e as caixas negras. Tamén o Comité de Investigación incoou as súas propias dilixencias, para determinar se pode haber algún tipo de responsabilidade penal, informa a axencia Interfax.

O paradoiro de Prigozhin

O paradoiro de Prigozhin fora motivo constante de especulacións desde que xusto hai dous meses perpetrou unha rebelión contra o Kremlin, na que as súas tropas chegaron mesmo a avanzar cara a Moscova. O oligarca reapareceu esta semana nun vídeo no que suxería que se atopaba en África.

Comentarios