Rexionais e municipais en Venezuela: PSUV vence en 20 das 23 gobernacións e gaña en Caracas

A participación nos comicios, aos que tamén se presentou a oposición, foi de case 42%.
Eleccións venezuela voto

O 'chavismo' gañou as eleccións municipais e rexionais en Venezuela, que tiveron lugar este domingo e aos que, desta vez si, se presentou a oposición. A participación foi de 41,8%.

Das 23 Gobernacións en disputa, o PSUV gañou en 20, mentres que os partidos de oposición gañaron en 3 estados, dixo o presidente do Consello Nacional Electoral, Pedro  Calzadilla.

O funcionario tamén engadiu que na alcaldía de Caracas gañou o Partido Socialista Unido de Venezuela ( PSUV).

Os datos sobre as demais eleccións, en 334 alcaldías e centos de consellos locais, non foron anunciados no primeiro boletín, dado a coñecer á media noite do domingo para a segunda feira.

As rexionais e municipais do 21 de novembro foron as primeiras eleccións en 4 anos nas que participaron a maioría das forzas opositoras, que boicotearon anteriores comicios por supostas faltas de garantías.

"Paz e tranquilidade"

Logo de coñecerse os resultados, o presidente Nicolás Maduro asegurou que o proceso transcorreu en "paz e tranquilidade”.

Referiuse á vitoria do  PSUV como un “bo triunfo, boa vitoria, boa colleita”, produto dun “traballo  perseverante”, e dixo que nos últimos 22 anos, no país realizáronse 29 eleccións, das cales gañaron 27.

Comentarios