Puigdemont continuará no cárcere mentres se resolve a súa extradición

O xuíz alemán constata que hai risco de fuga do expresident

Puigdemont esta semana en Bruxelas. Foto NacióDigital

A interlocutoria do xuíz alemán do tribunal de primeira instancia onde declarou Carles Puigdemont esta segunda feira constata “risco de fuga” do expresident e por iso ditamina que siga en prisión. Según o maxistrado, tendo en conta que Puigdemont ten residencia en Bruxelas e que en Bélxica tería un proceso “máis favorábel”, este contaría con “incentivos” para intentar saír de Alemaña. Ademais, engade, o expresident foi interceptado cando ía cara Bélxica.

Porén, o xuíz non entra a fondo na euroorde europea de detención, que terá que avaliar o tribunal de Schleswig-Holstein, o land alemán onde foi detido. O xulgado de primeira instancia non ten competencias para decidir sobre a extradición, só para decidir nun primeiro momento se a petición da euroorde é consistente ou non e se a persoa contra a que se dirixe é ela ou hai un erro.

Así pois, o expresident continuará en prisión provisional. Continuará baixo custodia policial de forma preventiva até que se resolva a súa situación. Un trámite que pode alongarse 60 días, até 90 en casos excepcionais

Comentarios