O presidente do Euskadi Buru Batzar do Partido Nacionalista Vasco, Andoni Ortuzar, realizou esta terza feira, 12 de maio, un chamamento para "coller polos cornos" o debate sobre a data das eleccións en Euskadi, porque "o que vén no outono" en materia económica "é moi forte" e hai que "reaccionar como país", cun Goberno e Parlamento vascos xa constituídos.
Así se manifestou Ortuzar nunha entrevista radiofónica en que sinalou que "descoñece" se os comicios serán en xullo. "Depende de todos nós (os partidos) e, logo, a última palabra tena o lehendakari", engadiu.
Após puntualizar que para o PNV a prioridade nestes momentos é a loita contra a COVID-19 e que o desconfinamento "se faga ben", dixo que, "en todo este maremagnum que se moveu pola pandemia, están as eleccións", previstas para o pasado 5 de abril.
"De aquí a outubro hai que facelas nalgún momento, busquemos a mellor maneira", dixo, ao tempo que insitiu en non "fuxir" dunha realidade: "hai que facelas", aseverou.