O concello palmesano pide á Casa Real que Urdangarín deixe de usar o título de duque de Palma

O Concello de Palma vén de solicitar á Casa Real que Urdangarín deixe de usar o título de Duque de Palma, alegando que só a infanta Cristina posúe ese cargo
Urdangarin
photo_camera Urdangarin

O Concello de Palma vén de solicitar á Casa Real que Iñaki Urdangarín deixe de empregar o título de Duque de Palma. pois só a infanta Cristina é posuidora desta distinción. Desde o Concello palmesán aclaran que non están a pedir que se retire o ducado aos dous, senón que só Urdangarín deixe de facer uso dese título. A proposta chega desde o Partido Popular, que conta con obter o apoio de todos os grupos municipais.

A petición chega horas despois de que esta mesma administración local decidise retirar o nome de Duque de Palma á rambla desta cidade.

As decisión prodúcense pouco despois de que o xuiz que instrúe o caso Nóos fixese pública a petición dunha fianza de 8,1 millón de euros para Urdangarín e o seu exsocio Diego Torres.

Comentarios