O 1-O o primeiro ministro belga, o valón Charles Michel, censurou a represión contra os colexios eleitorais, afirmou que a violencia "nunca pode ser a resposta" e reafirmou "a nosa chamada" a prol do "diálogo político".
Esta cuarta feira, o ministro de Interior, o nacionalista flamengo Jan Jambon, foi alén de Charles Michel e deixou ver o seu apoio á causa independentista: "O meu corazón está cos cataláns. Eu son un nacionalista flamengo e, aliás, entendo a situación de Catalunya".
En declaracións a RTBF (a radio televisión belga francófona), Jambon engadiu: "A situación é complicada. Eu penso que é preciso un mediador, internacional ou doutro tipo, para sentar nunha mesa [de negociación]".
O dirixente da Nova Alianza Flamenca, un partido nacionalista situado no centro-direita, avanzou que a demanda de recoñecimento dunha Catalunya independente estará nalgún momento "sobre a mesa da comunidade internacional".