Francia

Macron pon en marcha o novo bonapartismo republicano

O movemento República en Marcha! podería atinxir a maioría absoluta na Asemblea Nacional. O novo goberno, en que se incorporan perfís do PS e dos Republicanos, será o brazo executor do proxecto presidencial de Macron. A nivel internacional o Elíseo aposta en profundar a integración europea e en recuperar papel a nivel mundial como potencia dentro da OTAN. Analizamos os tempos en Francia no Sermos Galiza 247. Eis un extracto.

macron
photo_camera Emmanuel Macron

Emmanuel Macron asumiu a Presidencia marcando músculo. O novo máximo dirixente da República francesa aproveitou as súas primeiras semanas no cargo para despregar con intensidade e enerxía as bases dunha axenda política que tenciona, por unha banda, galvanizar a súa vitoria electoral e por outra modificar de maneira definitiva o mapa político desprazando ás marxes o bipartidismo clásico.

O proxecto presidencial de Macron debrúzase, como xa o fixo a súa candidatura electoral, cun discurso que procura colocar as súas posicións, nada centristas nin moderadas, no centro do taboleiro político por volta de dinamitar definitivamente a socialdemocracia sistémica, organizada no Partido Socialista, e a dereita neoliberal dos Republicanos. Unha caste de novo bonapartismo republicano que, para se consolidar, ten avanzado posicións en tres ámbitos de grande relevo: a configuración dun goberno “plural” pero absolutamente ligado ao proxecto presidencial de Macron, a recuperación de peso internacional e traballar de cara a atinxir unha maioría absoluta na Asemblea Nacional que evite calquera risco de bloqueo parlamentario da súa axenda.

[Podes ler a análise íntegra no Sermos Galiza 247, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]

Máis en INTERNACIONAL
Comentarios