Estados Unidos

Joe Biden comparece ante a Fiscalía pola tenza de arquivos clasificados

Os documentos estaban nun despacho privado.
O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, na Casa Branca. (Foto: Europa Press / Contacto / White House)
photo_camera O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, na Casa Branca. (Foto: Europa Press / Contacto / White House)

O presidente do Estados Unidos, Joe Biden, mantivo un "interrogatorio voluntario" co fiscal especial Robert Hur, investigador no caso dos documentos clasificados que apareceron en varios lugares empregados polo mandatario durante a súa etapa como vicepresidente na Administración de Barack Obama. "Como temos dito desde o principio, o presidente e a Casa Branca están cooperando con esta investigación", sinalou o portavoz da Avogacía do Goberno dos Estados Unidos, Ian Sams, nun comunicado.

A oficina do presidente indicou que, "como foi apropiado", proporcionou "actualizacións relevantes publicamente, sendo o máis transparentes posíbeis e consistentes coa protección e a preservación da integridade da investigación". Porén, a oficina rexeitou responder preguntas e remitiu á representación do Departamento de Xustiza.

Así, deu comezo o proceso dun caso que se remonta ao mes de  novembro, cando Arquivos Nacionais se comunicou co Departamento de Xustiza para notificar a existencia de documentos clasificados nunha oficina privada de Biden en Washington.

Comentarios