CASE A MESMA CIFRA QUE EN 2015

Israel deixa sen fogar 700 palestinos no que vai de ano

No que vai de 2016, o réxime sionista avanzou nunha nova estratexia para atacar o pobo palestino: a demolición de edificacións. Segundo a ONU, nos catro primeiros meses do ano máis de 700 palestinos e palestinas ficaron sen fogar por culpa de Israel.

[Imaxe: ONU]
photo_camera [Imaxe: ONU]

A Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos en Oriente Medio (UNRWA nas súas siglas en inglés) denuncia que no que vai de ano máis de 700 palestinos foron desprazados debido ás demolicións masivas perpetradas por Israel en Cisxordania. A magnitude é tal que a cifra xa se aproxima ao número total de persoas desprazadas en todo o 2015.

As zonas máis afectadas polas demolicións son Xerusalén, Ramala e Belén. A Administración israelí acomete estes despexos escudándose na falta de permisos para construír vivendas, moitas delas entregadas a través de doazóns.

nun só día –a pasada quinta feira-, Israel deixou sen casa 124 persoas, das que 60 eran crianzas. Trátase dunha nova medida de acoso do réxime sionista ao pobo palestino.

A axencia da ONU amosou a súa preocupación polas demolicións, na medida en que viola o Cuarto Convenio de Xenebra, que impide a destrución da propiedade privada.

Máis en INTERNACIONAL
Comentarios