Interior confirma Abouyaaqoub como autor material do atentado de Barcelona

Joaquim Forn, conseller de Interior da Generalitat, confirmou esta segunda feira 21 de agosto, nunha entrevista en Catalunya Ràdio, que Younes Abouyaaqoub é o autor material do atropelo masivo que tivo lugar a pasada quinta feira en Barcelona. Abouyaaqoub sería o único condutor da furgoneta e segue en paradeiro descoñecido dende que fuxiu do lugar dos feitos deixando 13 falecidos e máis dun cento de feridos.

younesabouyaaqoub

O presunto terrorista, de 22 de anos de idade, abandonou a furgoneta alugada que empregara após o atropelo e despois de se pór uns lentes de sol adentrouse no mercado da Boquería. Mesturándose coa multitude, chegou até a parte traseira do mercado e dende alí continuou polas rúas do Raval a bon paso pero sen correr para non chamar a atención. Actualmente estase a traballar coa hipótese de que actuaba só.

Forn apuntou que sobre Abouyaaqoub pesa agora unha orde de busca e captura. O conseller afirmou que non hai indicios de o sospeitoso se atopar fóra de Catalunya pero que se está a traballar coordinadamente coa policía doutros países de Europa, sendo que está en búsqueda en todos eles.

Todo apunta a que o atentado de Barcelona e  o incidente na Diagonal (un Ford Focus saltouse un control e apareceu pouco despois en Sant Just Desvern) están relacionados, tal e como engadía Forn. O conseller sinalou ademais, que o imán de Ripoll, pretensamente implicado no atentado, non tiña antecedentes coñecidos. A seguridade non foi elevada ao nivel 5 polo momento, sendo que, “nestos momentos,” en palabras de Joaquim Forn, “desbótase un ataque inminente”.

Comentarios