O goberno militar exipcio decide disolver os Irmáns Musulmáns

A irmandade rexistrárase como organización non gobernamental en marzo. Tras o golpe de estado dos militares centos de cargos e militantes foron detid@s e encarcerad@s. O propio presidente exipcio derrocado no golpe, Morsi, permanece desde hai semanas preso nun paradoiro descoñecido 

Exipto

O Goberno exipcio decidiu disolver os Irmáns Musulmáns. A axencia Reuters, citando o diario estatal Al Akhabar, indica que a decisión xa está adoptada e que se fará pública e efectiva na vindeira semana.

O ministro Al Borai acusou esta semana a IM de posesión de armas na súa sede do Cairo. A isto engádese que a xunta de comisionados estatais recomendou ao Tribunal Administrativo que emitise unha orde para disolver esta organización.

Os militares sinalan que Irmáns Musulmáns “non se rexistraron como ONG para facer o seu papel de acordo coa lei e para servir á nación. Só querían axudar ao réxime e ao partido gobEernante a manter o seu presidente (Muhamed Morsi)” 

Comentarios