A Fronte Polisario suspende os contactos co Goberno español

A medida chega tras a recente declaración conxunta entre os Gobernos español e marroquí para normalizar as súas relacións.

Acto en prol da soberanía do Sáhara Occidental (Imaxe: @polisario_)
photo_camera Acto en prol da soberanía do Sáhara Occidental (Imaxe: @polisario_)

O Frente Polisario anunciou este sábado a súa decisión de suspender os contactos co actual Goberno español tras mostrar este o seu apoio ao plan de autonomía de Marrocos para o Sáhara Occidental.

Así o indicou nun comunicado a Secretaría Xeral do Polisario, onde explicou que "ante os pasos concretos" dados polo Goberno de Pedro Sánchez, decidiron suspender os contactos co Executivo español para desmarcarse "de usar o tema saharauí".

 

“O Frente Polisario decide suspender os seus contactos coa actual Goberno español (...) no marco de miserentos tratos co ocupante, e até que se adhira ás resolucións de lexitimidade internacional que recoñecen o dereito do pobo saharauí á autodeterminación e ao respecto das fronteiras do seu país tal e como son recoñecidas internacionalmente", detallou o Polisario.

O Polisario asegurou na carta que o Estado español "ten responsabilidades" cara ao pobo saharauí e ante Nacións Unidas, xa que "é a potencia administradora" da rexión, e que as súas responsabilidades persisten.

 

Tamén agradeceron ao Congreso dos Deputados e ao "movemento amplo e transversal de solidariedade" coa súa causa, por instar "tan rotundamente" ao Goberno español sobre a "necesidade de volver á senda da legalidade internacional".

Comentarios