España e Marrocos pactan unha reunión de alto nivel antes de fin de ano

Pedro Sánchez e Mohamed VI acordaron unha declaración conxunta na que na que non hai ningunha mención á integridade territorial.
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, en Rabat, onde se reuniu con Mohamed VI. (Foto: Moncloa).
photo_camera O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, en Rabat, onde se reuniu con Mohamed VI. (Foto: Moncloa).

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o rei Mohamed VI acordaron onte unha declaración conxunta ao termo do seu encontro en Rabat na que se indica o compromiso de realizar unha Reunión de Alto Nivel (RAN) antes de que termine o ano mais sen referencia ningunha á integridade territorial.

O Estado español recoñece "a importancia da cuestión do Sáhara Occidental para Marrocos" e volve reiterar que "a iniciativa de autonomía marroquí, presentada en 2007, como a base máis seria, realista e críbel para resolver este diferendo", como xa expresou Sánchez na súa carta ao monarca, o que permitiu iniciar esta nova etapa na relación.

Con todo, en ningún dos puntos aparece mencionada a necesidade de garantir a integridade territorial e a soberanía, un dos puntos mencionados polo Goberno nos seus comunicados nestas dúas últimas semanas e dos argumentos que ofrecera para apoiar a súa nova postura.

En todo caso, o presidente do Goberno e o monarca marroquí pactaron que "os temas de interese común serán tratados con espírito de confianza, a través da concertación, sen recorrer a actos unilaterais ou feitos consumados".

Apertura de fronteiras

Polo que se refire a cuestións máis tanxíbeis, decidiuse o restabelecemento "inmediato e gradual" das conexións marítimas e de pasaxeiros até a apertura de todas as frecuencias así como iniciar os preparativos para a operación 'Paso do Estreito'.

Así mesmo, pactaron que a normalización da circulación de persoas e de mercadorías restabelecerase de maneira ordenada, incluíndo os dispositivos apropiados de control aduaneiro e de persoas a nivel terrestre e marítimo.

Comentarios