Destapan a 'man' do PP detrás do caso Pujol

Nunha exclusiva publicada por eldiario.es revélanse as mensaxes enviadas polo xefe de gabinete de Rajoy presionando a ex-compañeira de Jordi Pujol Ferrusola para que denunciase a fraude fiscal. "Con iso salvarías España", díxolle.

Jordi Pujol
photo_camera Jordi Pujol

O xornal dixital español eldiario.es publica esta sexta feira (12 de setembro) en exclusiva as mensaxes de texto enviadas polo xefe de gabinete de Mariano Rajoy, Jorge Moragas, á ex-compañeira de Jordi Pujol Ferrusola.

Nos SMS, Moragas insta a Victoria Álvarez a denunciar perante a Policía as fraudes fiscais da familia Pujol e a "contar todo" nunha entrevista. "Con iso salvarías España", chega a afirmar. 

As mensaxes datan de finais de 2012 cando o proceso soberanista catalán tomou forza após unha multitudinaria Diada que reflectiu o compromiso popular coa convocatoria dun referendo de autodeterminación. As expresións de Moragas poñen de manifesto o interese do PP por empregar o caso de corrupción da familia Pujol para desgastar o pulo independentista. 

Comentarios