Xustiza

Condenan a 19 anos de cárcere o ex comisario español Villarejo

Primeira sentenza polo caso Tándem.
O ex comisario José Manuel Villarejo.
photo_camera O ex comisario José Manuel Villarejo, nunha entrevista en 'La Sexta'.

José Manuel Villarejo, ex comisario da Policía española, foi condenado pola Audiencia Nacional a 19 anos de prisión tras ser considerado culpábel de revelacións de secretos de empresa e particulares, na primeira sentenza do caso Tándem, feita pública esta segunda feira, que investiga os traballos da sociedade de Villarejo cando aínda era funcionario policial.

Polo encargo dun despacho de avogacía, que lle reclamou investigar unha compañía rival, recibiu 7 anos de prisión por revelar os datos tributarios da empresa investigada e falsidade en documento mercantil por facturas falsas. Amais, 12 anos de cadea responden á revelación de secretos particulares e falsificación de documento mercantil nun traballo vinculado co repartimento da herdanza de Luis García Cereceda, un empresario inmobiliario.

Aínda que o tribunal non aceptou condenar Villarejo por suborno a funcionarios, argüíndo que estes encargos non os desenvolveu “no exercicio do seu cargo” como Policía, a maxistrada Carmen González defendeu nun voto particular a súa culpabilidade ao contar “coa colaboración do estamento policial” nestas actividades. 

Comentarios