Chávez será embalsamado para que fique "sempre presente como Lenin, como Ho Chi Minh, como Mao Tse Tung"

O presidente interino, Nicolás Maduro, anunciou unha semana máis de capela ardente para que as ducias de milleiros que agardan desde a cuarta feira poidan dar  último adeus ao mandatario bolivariano
photo_camera [Imaxe: cubadebate]


O corpo do presidente bolivariano Hugo Chávez será embalsamado "para que fique exposto eternamente" como acontece "con Ho Chi Minh, con Lenin, con Mao Tse Tung", coa idea de que o comandante fique "sempre presente".

Así o explicou o presidente interino de Venezuela, Nicolás Maduro, que anunciou que o corpo do líder venezolano ficará sete días máis no Museo histórico militar de Caracas para que quen o desexe poida despedirse del.

No discurso dirixido á nación, Maduro anunciou esa prórroga na capela ardente, que estaba previsto pechar esta sexta feira cadrando cos funerais de Estado. Porén, o goberno optou por transladar Chávez até o Museo da Revolución durante unha semana, pois co calendario de actos convocados advertiron que non era tempo de abondo para que as ducias de milleiros de cidadá(n)s que agardan desde a cuarta feira para dar o último adeus a quen presidiu o país os últimos 14 anos.

Comentarios