A ANC considera que “un millón de votos” sería un “éxito” á vista do "sitio policial“

ANC omnium catalunya
photo_camera Imaxe: ANC

ANC e Òmnium, entidades soberanistas imprescindíbeis para entender o que foi e o que é o ‘prucés’, compareceron este sábado no Centre Internacional de Premsa de Barcelona, para denunciar a vulneración de “dereitos e liberdades” e comparar neste campo as accións do Estado español con Turquía.

Enviaron unha mensaxe clara, ademais, para instar a se mobilizar e manter abertos os colexios electorais, para acudir a votar embora a masiva presenza policial. Jordi Sànchez e Jordi Cuixart convidaron a cidadanía a tomar parte nas actividades impulsadas por Escoles Obertes e garantir, deste xeito, que o domingo se poida votar e que a policía non poida fechar eses centros.

Tendo en contra o nivel de “belixerancia” e o “sitio” do Estado español no referendo, Sánchez considera que lograr que haxa un millón de votos sería un “éxito desbordante”, se ben traballan todas as entidades que apoian o 1-O para “superar esta cifra”. Afirmou que a “vitoria do referendo” estará determinada polo número de colexios electorais que poidan abrir. O presidente de Òmnium, Jordi Cuixart, criticou a “espiral represiva” do goberno español

Comentarios