As alertas que a Casa Branca ignorou

A inacción inicial do Goberno dos EUA fai que o país se achegue aos 400.000 casos rexistrados de coronavirus, de lonxe o país con maior número de persoas afectadas. Nas últimas horas superou a cifra das 10.000 mortes, no camiño de adiantar a Italia e España neste fúnebre podio que polo momento está a deixar a pandemia.
April 6, 2020 - Washington, DC, United States: United States President Donald J. Trump, joined by members of the Coronavirus Task Force, delivers remarks on the COVID-19 pandemic in the James S. Brady Press Briefing Room of the White House. The United States has now reached 10,000 deaths caused by the novel Coronavirus, as officials debate the effectiveness of hydroxychloroquine, a drug used to treat malaria, to also treat the Coronavirus. (CNP / Contacto)
ONLY FOR USE IN SPAIN

April 6, 2020 - Washington, DC, United States: United States President Donald J. Trump, joined by members of the Coronavirus Task Force, delivers remarks on the COVID-19 pandemic in the James S. Brady Press Briefing Room of the White House. The United States has now reached 10,000 deaths caused by the novel Coronavirus, as officials debate the effectiveness of hydroxychloroquine, a drug used to treat malaria, to also treat the Coronavirus. (CNP / Contacto)

6/4/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera Trump tardou varias semanas en reaccionar ante a ameaza malia contar con informes que o alertaban (POLARIS)

Na segunda feira, o almirante Brett Giroir, médico e membro do equipo estabelecido pola Casa Branca para loitar contra a contención do coronavirus, alertaba no programa de televisión Good Morning, America, da ABC, que esta semana sería a do pico máis alto no país en canto a hospitalización e ingresos nas UCI, e "desafortunadamente, a semana do pico de mortes". 

En Nova York, epicentro do brote, o seu alcalde, Bill de Blasio, anunciou hai uns días que os hospitais da cidade só poderían aguantar até hoxe co material de que dispoñen. Tamén comentou nas últimas horas que, ante a saturación das morgues municipais, contemplaban a posibilidade de facer enterros temporais en Hart Island, a illa utilizada historicamente para enterrar as persoas indixentes. Non nos parques das cidades ─matizou─ ante as informacións dalgúns medios.

Estes cálculos que manexan as autoridades estadounidenses baséanse en análises que se están a elaborar sobre a marcha. Por exemplo, un modelo preditivo da Universidade de Washington calcula que no conxunto dos Estados Unidos a maior demanda de ingresos hospitalarios chegará no 15 de abril, e para o día seguinte agárdase o de maior número de mortes: 3.130

Mais os informes elaborados por especialistas médicos e científicos alertando dos riscos reais desta e doutras pandemias non son ningunha novidade no seo do Goberno dos Estados Unidos. Só é que agora comezan a ter peso nas decisións políticas.

"Rebrote do SARS"

Nos últimos días saíu á luz un artigo de 2007, publicado pola Sociedade Estadounidense de Microbioloxía, afirmando que "a posibilidade da reaparición do SARS e doutros novos virus de animais ou laboratorios, e polo tanto a necesidade de prepararse, non debería ser ignorada". 

E segundo informaba onte The New York Times, un dos máis importantes conselleiros de Donald Trump advertiu a finais de xaneiro de que a crise do coronavirus podería custar ao país billóns de dólares e pór en risco de enfermidade ou morte a millóns de cidadás e cidadáns estadounidenses. A alerta, realizada por Peter Navarro, é "a de máis alto nivel" das que manexou a Casa Branca, sinala o rotativo.

Mais por aquelas datas, a situación estaba "controlada", segundo Trump. O 22 de xaneiro, un día despois de se rexistrar o primeiro positivo nos EUA, o presidente dicía ao respecto: "Témolo controlado. É unha persoa que vén da China. Non vai pasar nada". Unha semana despois falaba dun "problema moi pequeno", e ao mes seguinte, a finais de febreiro, repetía chío tras chío no Twitter que todo eran "mentiras" dos demócratas e dos inimigos do país. 

Nas semanas vindeiras continuou acusando os medios de "fabricar fake news", mais a mediados de marzo, ante as evidencias, viuse forzado a declarar a emerxencia nacional. Porén, son os Estados individualmente os que decretan o confinamento.

No país norteamericano son moitos os traballadores que non teñen protección social e estaban a acudir aos seus postos con síntomas da COVID-19. Trump insistía en que había que seguir traballando, porque "non podemos permitir que a cura sexa peor que o problema". 

Modelo asiático

Bank of America, nun informe publicado a semana pasada, recoñecía que o problema, en efecto, si que precisaba da cura. A experiencia da China, Corea do Sur e doutros países de Asia ─sinalaba─ probou que a política máis efectiva é un estrito confinamento a nivel nacional. 

Porén, Trump rexeitou estabelecelo co fin de protexer a economía e manter as cifras de pleno emprego previas á crise que lle daban excelentes prognósticos de cara ás presidenciais de novembro. Janet Yellen, a ex presidenta da Reserva Federal (o banco central dos EUA) afirmaba nunha entrevista nesta segunda feira na CNBC que o déficit do país pode chegar aos dous billóns de dólares. E nas últimas dúas semanas, segundo datos do Departamento de Traballo estadounidense, houbo 9,95 millóns de solicitudes do subsidio de desemprego, mais que no total dos dez meses anteriores. 

"Veñen días duros", "o inimigo invisíbel" e "haberá moitas mortes" son as frases que o mandatario está a empregar nas súas intervencións dos últimos días. 

Dá positivo o capitán dos EUA destituído logo de pedir axuda para a súa tripulación 

December 15, 2019 - Pacific Ocean: Capt. Brett Crozier, commanding officer of the aircraft carrier USS Theodore Roosevelt (CVN 71), gives remarks during an all-hands call on the ship’s flight deck. Theodore Roosevelt is underway conducting routine training in the Eastern Pacific Ocean. On April 2, 2020, Captain Brett Crozier was removed from his command of the USS Roosevelt for writing a letter about the the number of crewmen infected with the coronavirus aboard the 5,000-strong nuclear-powered vessel rose by 13 per cent in 24 hours to 155. (Alexander Williams/ US Navy / Contacto)ONLY FOR USE IN SPAINDecember 15, 2019 - Pacific Ocean: Capt. Brett Crozier, commanding officer of the aircraft carrier USS Theodore Roosevelt (CVN 71), gives remarks during an all-hands call on the ship’s flight deck. Theodore Roosevelt is underway conducting routine training in the Eastern Pacific Ocean. On April 2, 2020, Captain Brett Crozier was removed from his command of the USS Roosevelt for writing a letter about the the number of crewmen infected with the coronavirus aboard the 5,000-strong nuclear-powered vessel rose by 13 per cent in 24 hours to 155. (Alexander Williams/ US Navy / Contacto)  (Foto de ARCHIVO)15/12/2019 ONLY FOR USE IN SPAIN

Na pasada sexta feira, o capitán do portaavións nuclear dos EUA Theodore Roosevelt, Brett Crozier, era destituído polo secretario en funcións da Mariña dos EUA, Thomas Modly. A decisión chegou despois de que, a finais de marzo, cando máis membros da tripulación foron diagnosticados con COVID-19, Crozier decidira enviar unha carta aos seus superiores informando do "rápido deterioro" da situación a bordo e da necesidade de tomar medidas urxentes para evitar mortes. A carta filtrouse ao San Francisco Chronicle e a situación fíxose pública.

Modly sinalou que a carta mostra que Crozier era demasiado "parvo" para dirixir unha embarcación como esta. Tamén se pronunciou ao respecto nas últimas horas Trump, sinalando que podería interceder neste asunto. "Non quero destruír a ninguén por ter un mal día", dixo. Brett Crozier, considerado un heroe pola súa tripulación, deu positivo recentemente por coronavirus.

Comentarios