Os Mossos identifican o terrorista abatido en Subirats como o autor do atentado de Barcelona

Operación en marcha en Subirats (Alt Penedés). Os Mossos de Esquadra terían abatido Younes Abouyaaquoub, a quen se considera o autor material do atentado de Barcelona, condutor da furgoneta que bateu contra a multitude nas Ramblas. 

mossos

O principal sospeitoso do atentado de Barcelona tería sido abatido por axentes do corpo policial catalán que terían advertido que portaba un cinto con explosivos adosado ao seu corpo.

Existe, en todo caso, certa confusión. NacióDigital apunta que os Mossos aínda non certificaron que a identidade do terrorista abatido en Subirats sexa a de Younes Abouyaaquoub, o principal sospeitoso de ser o autor do masacre perpetrado nas Ramblas.

A fonte de que si se trata de Younes Abouyaaquoub é a axencia Efe. No seu twitter os Mossos aínda non precisaron a identidade do terrorista abatido.

 

Os tedax estarían neste momento a comprobar se o material explosivo que portaba o yihadista comporta algún tipo de perigo.

Comentarios