Mélenchon di que quer substituír o PS

24 deputados socialistas irán nas listas do partido de Macron ás lexislativas

República en Marcha!, o partido de Emmanuel Macron, vén de apresentar esta quinta feira a súa lista de candidatos para as próximas eleccións lexislativas que se realizarán en xuño. A lista, conformada por 428 homes e mulleres entre os que se contan 24 deputados socialistas, conta con 52% de persoas que nunca exerceran un cargo público.

valls hollande francia
photo_camera Valls e Hollande apoiaron Macron nas presidenciais, mesmo contra o candidato do seu partido.

Manuel Valls non formará parte desta lista pero Macron non apresentará ningún candidato na súa contra na súa circunscrición. O secretario xeral de En Marcha! declaraba que Valls non respondía xa os criterios para figura nas listas por ter cumprido xa tres mandatos parlamentarios. O partido de Macron non presentará ninguén para rivalizar contra el porque consideran que non se lle debe dar “coa porta no nariz” a un antigo primeiro ministro.

A selección final de En Marcha! foi apresentada por Richard Ferrand, deputado socialista e secretario xeral do novo partido, e caracterízase por unha maioría de nomes descoñecidos. Porén, si destacan algunhas personalidades nas candidaturas como o matemático Cédric Vilani, gañador da medalla Fields, ou a ex toureira Marie Sara, personaxe célebre no sur de Francia. O sociólogo Jean Viard e o ex xefe do RAID Jean –Michel Fauvergne son outros dous nomes que aparecen na lista.

Jean-Luc Mélenchon, líder da esquerdista Franza Insubmisa, presentarase en Marsella contra o socialista Patrick Mennuci. Mélenchon declarou querer substituír o PS, o que causou a indignación dos socialistas. O dirixente cre que Macron non obterá maioría está a pensar ca nun escenario de igualdade entre a Franza Insubmisa e República en Marcha. Enmanuel Macron atópase entalado entre Mélenchon á esquerda e a Fronte Nacional á dereita.


 

Máis en INTERNACIONAL
Comentarios