Os dereitos dos animais, un debate A Fondo

O vindeiro 23 de xuño o Parlamento de Galiza debaterá a abolición das touradas no nosos país. Un caderno de análise debulla a loita social e lexislativa na defensa dos dereitos dos animais

 

Embora as touradas sexan espectáculos crueis e lamentabeis, na Galiza non teñen nin sequera unha conexión coa tradición popular. No número 52 do Sermos Galiza botamos a ollada A Fondo arredor da normativa vixente no noso país arredor desta práctica con motivo do debate parlamentar en que se instará á Xunta a abolir a tortura animal nos concellos da Galiza. 

Con axuda de activistas nacionais e internacionais, abordamos os dereitos dos animais e como a mobilización social motivou o seu recoñecemento no ordenamento xurídico galego --mais tamén español. Porén, non todas as vilas e cidades do país garanten o cumprimento e protección destes dereitos. En parcería coa Plataforma Galiza Mellor Sen Touradas e a Fundación Franz Weber debullamos o camiño que fica por percorrer na materia.

Leonardo Anselmi, promotor da ILP abolicionista en Catalunya fálanos da supresión neste país da tauromaquia, un síntoma, di de evolución das sociedades 

A primeira parada situámola no Parlamento da Galiza. Na vindeira sesión plenaria (23 de xuño) a Cámara debaterá --a proposta do BNG-- a abolición das touradas no noso país. Cuestión que xa foi aprobada noutras nacións como Catalunya. Desta conquista social falamos con Leonardo Anselmi, impulsor da ILP abolicionaista en Cataluña e actual director da Fondation Franz Weber. 

Aliás, conversamos con dúas das formacións que integran o Espazo Parlamentar pola Defensa dos Animais. Con Ana Pontón (BNG) e Antón Sánchez (AGE) achegámonos a este grupo creado na Cámara á fin de loitar por unha mudanza normativa que adapte o ordenamento xurídico galego á sensibilidade social e promova o respecto e garantía dos dereitos dos animais. 

Desde Sarria, Lucía López Sobrado --membro da Plataforma Sarria Libre de Touradas-- nárranos como o PP "luxa os festexos de San Xoán coa barbarie taurina" mais tamén como o goberno popular desenvolve actividades sexistas e alleas á cultura galega nuns festexos máis próximos a Sevilla que a Sarria. 

Comentarios